Tuesday 16 de April de 2024

As alumnas de danza clásica da Escola Municipal ganan un concurso en Narón


As alumnas de 6º e 7º de danza clásica da Escola Municipal de Danza acadaron o primeiro premio de Danza Fusión, coa coreografía “Shades” do profesor Pablo Sánchez, no IV Campionato de Danza May Dance Championship celebrado esta fin de semana en Narón. Ademais, as alumnas de 7º e avanzado de danza clásica conseguiron o terceiro premio na categoría senior coa coreografía “Saias do Mar”, de Juan Hernández.